Páginas

jueves, diciembre 19, 2013

CAMPEONATO GALLEGO DE TIRO CON ARCO EN SALA


O Recinto Feiral e un edificio construído polo arquitecto Manuel Casas e inaugurado en decembro de 1998. É un conxunto harmónico de espacialidade, versatilidade e luminosidade; un espazo polivalente para a celebración de actividades feirais, mostras comerciais e eventos culturais.


O edificio ten forma de tetraedro cunha textura dura e fría que lle proporciona o aceiro, os cerramentos de aluminio e as grandes cristaleiras contrastando coa lousa verde do edificio anexo, o Pazo da Cultura, co que ten acceso directo dende o interior, permitindo unha grande versatilidade na utilización conxunta de todas as súas dependencias, de xeito que os servizos de restaurante, cafetería e terraza son de uso común.

 Está rodeado dun aparcadoiro para 230 vehículos e un enorme espazo aberto lastrado que permite albergar mostras, feiras e concertos ao aire libre.

O recinto dispón de dúas entradas, catro saídas de emerxencia e dúas portas de acceso rodado cun tamaño suficiente para o tránsito de grandes camións, imprescindibles en instalacións deste tipo.




 HORARIOS
09:00 h.  —-> Recepción de arqueiros

09:15 h.  —-> Entrega de dorsales, revisión do material, entrenamentos

10:00 h.  —-> Inicio da ronda clasificatoria

13:30 h.  —-> Fin da ronda clasificatoria

15:00 h.  —-> Inicio das rondas eliminatorias

19:00 h.  —-> Entrega de Trofeos

DIVISIONS E CATEGORIAS

*Arco Recurvo
*Arco Composto
*Arco Tradicional Recurvo y Long-Bow
*Arco Desnudo

 ¨ Esquío, Alevín, Benxamín, Infantil, Cadete, Junior, Senior e Veterano
¨ Damas y Cabaleiros



No hay comentarios:

Publicar un comentario